A PRESENZA DA MÚSICA NAS HISTORIAS DE GALICIA PUBLICADAS NO SÉCULO XIX. A BUSCA DUNHA IDENTIDADE
DOI:
https://doi.org/10.37334/eras.v11i3.86Palavras-chave:
Música galega, Gaita, Muiñeira, Alborada, AlaláResumo
No século XIX prodúcese un cambio de paradigma nas Historias publicadas en Galicia; cambio que estará influído pola incorporación das novas ideas románticas e pola aparición nos anos 40 do provincialismo. Este novo tempo iniciase coa Historia de Galicia de Verea e Aguiar (1838), quen exporá a través do seu traballo unha nova visión da historia galega marcada pola aparición do Celtismo, e terá como máximo representante a Manuel Murguía. Estas novas Historias, non só se van centrar nos feitos históricos, senón que tamén van tratar de recoller as “tradicións” e “costumes”, na liña do que está xa, nesta altura, sucedendo noutros países de Europa, e que se coñecerá como “folclore”. Pois ben, dentro destes “costumes” aparecerán as referencias á música e ao baile, que van ter un tratamento ben diferente segundo os autores.